TorneoDinaValdeQuiroga images

Discover Best TorneoDinaValdeQuiroga Images of World

#food #travel #sports #news #may #tuesday

💣 💥 QWIN Esta edición nace qwin‼️ Porque desde hai un tempo o deporte vai case asociado ás apostas, creamos qwin, a nosa peculiar versión na que as gañadoras sodes vós! ➡️ Como participar❓ Cada xornada do torneo, venres, sábado e domingo, poderedes mercar por 1€ un boleto de apostas. Debedes de cubrir ese boleto coas vosas apostas e cando o teñades levar a selar para poder validalo e canxealo despois no caso de ser premiado. ➡️ Como cubrir o boleto❓ Os boletos do venres e o sábado recollen todos os partidos do día e podedes apostar polos partidos que queirades co formato vitoria dun equipo ou empate. Como mínimo deben cubrirse 4 partidos do boleto para optar a un premio. Cantas máis apostas fagades maior será o premio. O boleto do domingo é un boleto especial que se cubrirá apostando polo equipo gañador do torneo e o gañador da fase de consolación. ➡️ Cando terá premio un boleto❓ O venres e o sábado para conseguir premio deben de acertarse a totalidade de partidos apostados. O premio irá en función do número de apostas, cantas máis apostas maior premio: 4 apostas🟰 40% do bote 5 apostas 🟰 50% do bote 6 apostas 🟰 60% do bote 7 apostas 🟰70% do bote 8 apostas 🟰 80% do bote 9 apostas 🟰 90% do bote >10 apostas 🟰 100% do bote O domingo o premio será para quen adiviñe os dous equipos campións e será o 100% do bote. ⚠️ En caso de varios boletos premiados dividirase o bote proporcionalmente entre os mesmos. ➡️ Normas especiais‼️ ❌ Non se pode apostar polo partido no que unha participe. ⏰ O boleto do domingo debe selarse antes das 12:00. 🖊️ Non se dará por válido ningún boleto con tachóns, correccións ou calquera mostra de poder ser manipulado. E ti, que apostas? #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga

5/9/2024, 10:59:42 AM

💣 💥 MARIO COLOMÁN & THE CLOCKS BAND Hoxe toca anunciar unha das principais novas deste ano, o venres teremos en concerto a Mario Colomán & The Clocks Band ⏰ Un grupo local de recente creación que combinará versións de grandes éxitos da música con cancións propias e que non vai deixar indiferente a ninguén! Arrasaron no seu debut na Feira do Viño e estamos seguras de que repetirán ese éxito no noso torneo. Moitas gracias a @colomanclocksband por unirse a esta locura! Un luxo para nós poder contar con eles! Non volos podedes perder, música e espectáculo en directo para todas vós! 🤟🏼🎸 ⚠️ Nas semanas previas indicaremos horario do concerto. #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga

4/30/2024, 2:40:38 PM

BINGO 🎲💶 Tras o éxito da pasada edición, este ano volvemos a cantar bingo! 📆 Contaremos con bingo os 3 días que dura o torneo, venres, sábado e domingo. 🏆 E, como non, con grandes premios: - Roupa donada por xogadoras de 1ª división de futsal. 👕 - Packs de produtos locais. 🍯 🍷 🍏 - Copas e cañas gratis. 🍹🍺 🎟️ Poderedes adquirir boletos do bingo de forma gratuita con consumicións no bar do pavillón ou mercalos directamente no propio bar. A semana previa ao torneo darémosvos información máis detallada sobre o mesmo, pero ídevos preparando para cantar bingo! #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Quiroga #Futsal #Feminino

4/18/2024, 10:03:47 PM

📋 INSCRICIÓNS Recordámosvos que esta é a última semana na que vos podedes inscribir no torneo a prezos reducidos: - Equipos participantes na VI edición ➡️ 40€ - Equipos novos ➡️ 50€ ⚠️ A partir do luns 15 de abril a inscrición terá un custo de 60€ para todos os equipos. Tan só quedan 6️⃣ prazas, pero un montón de novidades que vos iremos nunciando pouco a pouco. Non esperedes máis! 🤙🏼⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga

4/8/2024, 7:21:00 PM

💣 💥 BAR-TERRAZA NO PAVILLÓN Imos cunha das grandes novidades deste ano, montaremos un bar-terraza na explanada do pavillón! E diredes vós… “Isto por que é unha gran novidade?” 🤔 Pois porque teremos TIRADOR DE CAÑAS 🍻 e COPAS 🍹. E todo, como non podía ser doutra forma, a prezos SÚPER REDUCIDOS para as participantes no torneo‼️ 🔜 Máis adiante anunciaremos as ofertas, o botellón non vai compensar 😜 🤙🏼⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga

4/6/2024, 9:24:42 PM

🔓INSCRICIÓNS ABERTAS Abrimos as inscricións para esta VII edición do noso torneo! Procedemento a seguir: 📄 Descargar o formulario de inscrición que vos deixamos no seguinte enlace: https://drive.google.com/drive/folders/1sIJA-HDjKS3tMYExnue7n_0zA0MotQ95?usp=sharing ✏️ Cubrir dito formulario cos datos básicos do equipo. 💶 Facer o pago da cuota de inscrición a través de: 📱 Bizum ao 651 85 72 05 🏦 Transferencia: ES9120800138953000068838 📧 Enviar vía email ao correo [email protected] o formulario de inscrición cuberto e o xustificante de pago. ⚠️ Recordade que non é preciso xuntar a folla de relación de xogadoras neste momento, pode enviarse máis tarde, tendo como límite o 5 de xullo. ⚠️ As inscricións admitiranse por orde de recepción dos documentos ao correo, pechándose ao completarse as 24 prazas ou o 14 de xuño no caso de non chegar a 24 equipos. Isto comeza! 🤙🏼⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Quiroga #Futsal #Feminino

4/1/2024, 12:00:22 PM

📆 DATAS IMPORTANTES Queda moi pouco para abrir as inscricións desta VII edición do Torneo Dina Val de Quiroga e por iso queremos indicarvos as datas chave: 📆1 abril ➡️ APERTURA de inscricións: 1º prazo: prezos reducidos: 40€ equipos VI edición, 50€ equipos novos. 📆15 abril ➡️ Comezo 2º PRAZO de inscricións: 60€. 📆5 xullo ➡️ Sorteo de GRUPOS e CALENDARIO. 📝 Tomade nota! E non digades despois que non vós avisamos 😉 #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga

3/21/2024, 8:21:30 PM

PREMIADOS VI EDICIÓN 🏆Campión: PIRUFLISU 🥈Subcampión: FSF QUIROGA 🥉3º clasificado: CONTRACOXAS 4️⃣° clasificado: BULE BULE FS A ⚽️A Crack do torneo: VERO (Piruflisu) 🧤Mellor porteira: LÍA (Superbebientes) Fase de consolación: 🏅Campión: SUPERBEBIENTES 🥈Subcampión: CHARANGA CUBALIBRE #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga #Premiados

7/16/2023, 11:01:16 PM

FINAL Xa temos a gran final da VI edición do Torneo Dina Val de Quiroga, despois dunhas semifinais moi reñidas que se decidiron a penaltis. ⏰ 20:00 ⚽️ FSF QUIROGA - PIRUFLISU Esperámosvos no pavillón! A despedir esta edición por todo o alto!! 🤙🏼⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Quiroga #Futsal #Feminino #Final

7/16/2023, 6:05:19 PM

FASE FINAL ⚽️ Rematamos os cuartos de final cos seguintes resultados: FSF QUIROGA 2 - PTP 2 Gaña FSF Quiroga nos penaltis 3-2. SP CAMBRE 2 - CONTRACOXAS 7 BULEBULE FS A 7 - COMISIÓN DE FESTAS CF 4 PIRUFLISU 7 - UNIÓN FESTEIRA 1 Vémonos á tarde para as semifinais: ⏰16:00 FSF QUIROGA - CONTRACOXAS ⏰ 17:00 BULEBULE FS A - PIRUFLISU 🤙🏼⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga #Fasefinal #Cuartos #Semis

7/16/2023, 1:54:05 PM

📃COMUNICADO OFICIAL Desde a Organización do torneo temos que comunicar que debido a un imprevisto de última hora alleo á Organización vémonos na obriga de modificar a ubicación da zona de acampada. Así pois, trasladamos a acampada ao lugar no que se ubicaba as primeiras edicións do torneo: 📍Ubicación: https://maps.app.goo.gl/FkPxZMGWKcFS4ijw7?g_st=ic Sentimos moito as molestias que poda ocasionar esta reubicación 🙏🏻. #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga #Comunicadooficial #Zonadeacampada

7/13/2023, 5:31:49 PM

COLABORADORES 🫱🏽‍🫲🏻 Mañá arranca a VI edición do noso torneo e non queremos iniciala sen dar as GRAZAS a todos os colaboradores que fan posible a súa existencia. Grazas aos supermercados COVIRÁN, DIA, FAMILIA, ESCALEIRA e PLENUS; por acompañarnos todos os anos e colaborar desinteresadamente para ofrecerlle unha boa benvida aos equipos. Grazas aos locais que ofrecen descontos ás xogadoras para que podan disfrutar de Quiroga doutra forma diferente ó futsal, CHAPAKUÑA3, CAFETERÍA A BOTICA, RUXE-RUXE, DISCO PUB YOYA, PUB TIC-TAC, TERRAZA&BAR CASA ESTANCO, PIZZERÍA A PEDRA e PUB LK2. Grazas aos negocios locais CAURELOR, BODEGAS EDV, BODEGAS CASA DE OUTEIRO e COIDÁMOSTE, porque este ano pedimos a súa axuda e non dubidaron en sumarse a esta locura. Grazas a DISTRIBUCIONES ROCA e DISTRIBUCIONES LA CASTELLANA pola súa colaboración ano tras ano e facilitarnos as cousas. E grazas as xogadoras de 1ª División PEQUE, MARTITA e LARA BALSEIRO; por donar de forma desinteresada parte da súa indumentaria e facer o noso torneo máis grande. I N F I N I T A S G R A Z A S, sen vós isto non é posible! #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Futsal #Quiroga #Feminino #Colaboradores #Familia #Coviran #Dia #Plenus #Escaleira #RuxeRuxe #Chapakuña3 #ABotica #CasaEstanco #TicTac #Yoya #APedra #LK2 #Caurelor #Coidámoste #EDV #CasadeOuteiro #LaCastellana #Roca #Peque #Martita #LaraBalseiro

7/13/2023, 11:24:13 AM

💠OFERTAS : CASA DO ESTANCO BAR&TERRAZA Un novo negocio que acaba de abrir as súas portas e xa se suma a colaborar co noso torneo, en CASA DO ESTANCO BAR&TERRAZA poderedes disfrutar dunha terraza espectacular coas seguintes ofertas: 🍹 Copas: 4€ 🥃 Chupito Casa Estanco GRATIS 🍸Mojigins 4€ 🍢 Variedade de pinchos: 2€ Moitas grazas @casadoestanco_terrazabar!! 🤙🏻⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga #Ofertas #Casadoestanco

7/12/2023, 12:37:44 PM

💠OFERTAS : CANTINA DO PAVILLÓN Un ano máis, grazas a colaboración de DISTRIBUCIONES LA CASTELLANA, podemos ofrecer ofertas especiais na cantina do pavillón. 🍺 Lata de Estrella Galicia = 0,70€ E ademais, como NOVIDADE este ano: 🍺 Lata de 1906 = 1€ Moitas grazas Héctor!! 🤙🏻⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga #Ofertas #Cantina #LaCastellana #EstrellaGalicia #1906

7/11/2023, 3:41:02 PM

INFORMACIÓN BINGO 📋NORMAS: - Antes de cada bingo, selaranse os cartóns cos que decidades xogar ese bingo. Non se premiará ningún cartón sen selo. - En cada bingo haberá premio para quen cante liña e premio para quen cante bingo. - Cada cartón só será válido para un bingo. - En cada hora estipulada xogaranse dous bingos o venres e o domingo e tres o sábado. - A orde de premios desta publicación non se corresponde coa orde de premios dos bingos de cada día. ⏰ HORARIOS: - Venres 14: 01:00 - Sábado 15: 23:00 - Domingo 16: 17:30 🏆 PREMIOS: 📆Venres 14 - Camiseta e pantalón de adestramento do Burela FS donado por Peque. - Vale por unha sesión de presoterapia donado por Coidámoste*. - Pack de viños donado por Bodegas EDV. - Vale por un masaxe relaxante de 30’ donado por Coidámoste*. 📆 Sábado 15 - Pantalón da 2ª equipación do Marín Futsal donado por Lara Balseiro. - Pack de viños donado por Bodega Casa de Outeiro. - Pack de produtos locais donados por Caurelor. - Camiseta de adestramento do Burela FS donado por Peque. - Camiseta da 2ª equipación do Marín Futsal donada por Lara Balseiro. - Vale por unha sesión de radiofrecuencia donada por Coidámoste*. 📆 Domingo 16 - Pantalón e camiseta de adestramento do Burela FS donado por Peque. - Camiseta da 1ª equipación do Poio Pescamar FS donada por Martita. - Pack de viños donado por Bodegas EDV. - Polo do Burela FS donado por Peque. * Os vales donados por Coidámoste canxearanse o domingo 16, poñerémonos en contacto coas gañadoras para establecer horario. 🏷️ COMO ADQUIRIR OS CARTÓNS DO BINGO 1️⃣ Mercándoos na Cantina do pavillón. Prezo: 0,50€ 2️⃣ Mercando un pack de 5 latas de Estrella Galicia un cartón GRATIS. 3️⃣ Mercando un pack de 3 latas de 1906 un cartón GRATIS. 🤙🏼⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Quiroga #Futsal #Feminimo #Bingo

7/10/2023, 3:38:18 PM

💠OFERTAS : CHAPAKUÑA 3 Seguimos coas ofertas con un dos fiéis desde a primeira edición, CHAPAKUÑA 3. 🍽 Para comer: - Hamburguesa + Patatas + 1 Bebida: 6€ - Bocadillo + Patatas + 1 Bebida: 6€ - Espagueti boloñesa + 1 Bebida: 6€ - Ensalada de pasta + 1 Bebida: 6€ - Freba + Huevo + Patatas + Ensalada + 1 Bebida: 8€ - Muslo de polo + Patatas + Ensalada + 1 Bebida: 8€ 🍹🍸 Pola noite: - Copas: 4€ - Chupitos: 1€ Moitas grazas @chapa3quiroga!! 🤙🏻⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga #Ofertas #Chapakuña3

7/8/2023, 12:59:00 PM

💠 OFERTAS: YOYA DISCO-PUB Un dos locais que se uniu o ano pasado a colaborar co noso torneo, este ano non dubidou en repetir, YOYA DISCO-PUB, que vos ofrece ofertas para disfrutar da noite quiroguesa acompañadas de boa música e bo ambiente: 🍸🍹🥃 - Copas: 4€ - Chupitos: 1€ Moitas grazas! 🤙🏼⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga #Ofertas #Yoya

7/6/2023, 11:23:16 AM

💠 OFERTAS: PUB LK2 Seguimos con máis ofertas con outro dos locais que abriu as súas portas fai un ano e que xa se sumou a colaborar co noso torneo desde o principio, PUB LK2. 🍸🍹🥃 - Copas: 4€ - Chupitos: 1€ - Primeiro chupito GRÁTIS Moitas grazas @pub_lk2.0 ! 🤙🏼⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga #Ofertas #PubLK2

7/4/2023, 2:58:40 PM

💠OFERTAS : A BOTICA CAFETERÍA Seguimos coas ofertas con A BOTICA CAFETERÍA, o ano pasado abriu as súas portas e non dubidou en sumarse ao noso torneo e este ano repite. 🍽 Para comer: 🍔 Hamburguesa + Patatas + 1 Bebida: - A Botica: 8€ - Básica: 5,50€ - Tradicional 6,50€ - De polo: 6€ 🥪 Sandwich + Patatas + 1 Bebida: - A Botica: 6,50€ - Mixto: 4,50€ - Mixto con ovo: 5€ - Vexetal: 5€ 🌭Perrito + Patatas + 1 Bebida: 4€ Moitas grazas @aboticacafeteria !! 🤙🏻⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga #Ofertas #ABotica

7/1/2023, 11:06:50 AM

🚨NOVIDADE: BINGO Este ano teremos bingo no pavillón! Os 3 días de duración do torneo contaremos con bingo en diferentes horarios, nos cales teremos como premios: - Roupa deportiva de equipos de fútbol sala femenino de 1ª división. - Vales en copas nos pubs de Quiroga. - Vales por comida ou cena nos negocios colaboradores. Poderedes adquirir os vosos boletos de dúas formas: - Con consumicións na cantina do pavillón. - Mercándoos directamente na cantina. Imos que cantamos bingo! 🤙🏼⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga #Bingo #Novidade

6/27/2023, 10:24:05 AM

💠 OFERTAS: PUB TIC-TAC Continuamos coas ofertas con outro dos colaboradores incondicionais, Pub Tic-Tac, un local para disfrutar da noite quiroguesa coas seguintes ofertas: 🍸🍹🥃 - Copas: 4€ - Chupitos: 1€ Moitas grazas Roberto! 🤙🏼⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga #Ofertas #TicTac

6/16/2023, 10:40:26 PM

💠OFERTAS : RUXE RUXE Seguimos coas ofertas cun dos negocios que leva colaborando desde a primeira edición, o RUXE RUXE. 🍽 Para comer: Combos: - Burguer básica + patatas + 1 bebida = 6€ - Burguer "Especial Ruxe" + patatas + 1 bebida = 8€ - Bocadillo "Simple" + patatas + 1 bebida = 6€ - Bocadillo"Especial" + patatas + 1 bebida = 8€ - Sandwich "Simple" + patatas + 1 bebida = 6€ - Sandwich "Especial" + patatas + 1 bebida = 8€ - Pizza artesana + patatas + 1 bebida = 10€ - Ración a elixir + bebida = 9,50€ 🍰 Por 1€ máis postre caseiro en todos os combos. Menú especial domingo: Primeiro a elixir + Churrasco mixto + + Bebida + Postre +Café = 15€ 🍹🍸 Pola noite: - Copas: 4€ - Chupitos: 1€ - Copa + chupito Ruxe = 4,50€ Moitas grazas @ruxeruxenew!! 🤙🏻⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga #Ofertas #RuxeRuxe

6/10/2023, 8:52:31 PM

💠 OFERTAS : PIZZERÍA A PEDRA Comezamos coas ofertas dos negocios colaboradores nesta VI edición, e facémolo cun dos habituais do torneo, PIZZERÍA A PEDRA. 🍽 Para comer: Pizza mediana + 1 Bebida: 7€ Pizza grande + 2 Bebidas: 12€ Resto da carta: 20% de desconto. Moitas grazas pola vosa colaboración! 🍕 🍕 🤙🏻⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga #Ofertas #PizzeríaAPedra

6/5/2023, 9:06:13 PM

🏆⚽️ MELLOR EVENTO DEPORTIVO 22/23 Esta tarde celebrouse a Gala do Deporte Quirogués e nela o noso torneo foi premiado como o mellor evento deportivo, dende aquí queremos dar grazas ao Concello de Quiroga por este recoñecemento e, especialmente, a Andrés Novoa. A verdade é que ningunha das que formamos parte da Organización contábamos con que este evento chegara tan lonxe, a nosa intención era poder disfrutar un fin de semana do que máis nos gusta, o fútbol sala, na nosa terra e cunha perspectiva de festa, diversión e amizade. Case 8 anos máis tarde podemos dicir que a realidade superou ás expectativas. Recordamos aquel inicio no que tivemos que medio rogarlle a equipos para que viñeran a esa primeira edición, na que finalmente logramos convencer a 8 piradas da pelotiña que nos acompañaron e conseguiron cumprir o noso soño. Este ano, en apenas 8 horas cerramos inscricións, con 20 equipos e outros pedíndonos ampliar o número de prazas. Estades piradas todas! Pero por riba do crecemento en número de equipos queremos destacar o crecemento a nivel humano, o comportamento de todas as que nos acompañastes estes anos é exemplar e o bo ambiente que xerades incríble, niso nós pouco temos que ver, é cousa vosa. Así que grazas a todas as xogadoras e equipos que pasástedes polo noso torneo, porque este recoñecemento é por e para vós. A seguir disfrutando moitos anos máis! #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Quiroga #Futsal #Feminino #Eventodeportivodoano #DeporteQuirogués

6/2/2023, 9:37:07 PM

PISCINAS GRATUÍTAS 🏊🏼‍♀️ 🛟 👙 Ao igual que no resto de edicións, todas as participantes no torneo terán acceso gratuito ás piscinas municipais os días: 📆 Venres 14, sábado 15 e domingo 16. Si se repite o tempo do ano pasado estamos seguras que as ides disfrutar á par que necesitar moitísimo! ☀️ 😎 🤙🏻⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Quiroga #Futsal #Feminino #Piscinas

5/31/2023, 3:41:37 PM

📆⚽️ FASE DE GRUPOS ACTUALIZADA Deixámosvos os horarios da fase de grupos actualizada coa modificación do nome dun equipo. ⚠️Este cambio no afecta ao horario de ningún partido. 🤙🏼⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Quiroga #Futsal #Feminino

5/23/2023, 10:19:45 AM

CAMBIO DE NOME Un dos equipos inscritos no torneo decidiu cambiar de nome: Non sabemos ganar ➡️ Charanga cubalibre Nós cremos que saíron gañando co cambio 😉 📆⚽️Subiremos o calendario de partidos actualizado estes días. 🤙🏼⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Futsal #Quiroga #Feminino

5/22/2023, 2:26:52 PM

📆 CALENDARIO DE PARTIDOS Tras o sorteo realizado o pasado venres deixámosvos a composición dos grupos desta edición, así como o calendario de todos os partidos que nos esperan. 📆 Xornada do venres - FASE DE GRUPOS ⏰ De 19:30 a 03:00 📆 Xornada do sábado - FASE DE GRUPOS ⏰ De 09:30 a 01:20 📆 Xornada do domingo - FASES FINAL E CONSOLACIÓN ⏰ De 10:00 a 21:00 Moito futsal nos espera este ano en Quiroga! 🤙🏼⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Quiroga #Futsal #Feminino #Calendario #Partidos

5/16/2023, 9:40:56 AM

SORTEO DE GRUPOS E CRUCES 🎰 Deixámosvos por aquí o directo co sorteo de grupos e cruces desta VI edición é aproveitamos para explicar o mesmo: 1️⃣ SORTEO DE GRUPOS: realizáronse 5 grupos de 4 equipos de forma aleatoria. 2️⃣ SORTEO DE CALENDARIO: sorteouse a orde de partidos entre os equipos dun mesmo grupo. 3️⃣ SORTEO CUARTOS FASE FINAL: sorteo dos cruces de cuartos de final da fase final. Neste sorteo houbo que repetir a tirada, debido a que na primeira coincidiron dous 2º e nas bases do torneo establecemos que os 2º deben enfrentarse aos 1º. 4️⃣ SORTEO SEMIS FASE CONSOLACIÓN: sorteo dos cruces de semifinais para a fase de consolación. ⚠️ Aclarar que os cruces tanto da fase final como da fase de consolación poden sufrir modificacións unha vez rematada a fase de grupos, xa que nas bases do Torneo está establecido que non poden cruzarse en primeira fase equipos dun mesmo grupo. Xa queda pouquiño para vernos en Quiroga!! 🤙🏼⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Quiroga #Torneo #Futsal #Feminino #Sorteo #Grupos #Cruces

5/14/2023, 12:15:40 PM

SORTEO DE GRUPOS 🎰⚽️ Debido ao peche tan pronto das inscricións e para facilitar a organización de todos os equipos, este ano adiantamos o sorteo de grupos do torneo. 📆 Venres 12 de maio ⏰20:30 Ademais, poderedes seguilo en directo a través de Instagram. 📽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Quiroga #Futsal #Feminino #Sorteogrupos #Sorteo

4/27/2023, 4:36:10 PM

XA ESTAMOS TODOS 🤙🏼⚽️ Unha edición máis deixástesnos sen palabras, en menos de 24h cubríronse as 2️⃣0️⃣ prazas dispoñibles e tivemos que colgar o cartel de “pechado”. Sodes incribles! Esta VI edición promete moito e os seus protagonistas serán: 1. FSF Quiroga 2. Piruflisu 3. Bulebule FS A 4. Bulebule FS B 5. Toca e Vaite 6. Contracoxas 7. Comisión de festas CF 8. Superbebientes 9. Unión Festeira 10. Estrelladas FS 11. Sporting Cambre 12. Rayo McQueen 13. TBT Party 14. Resacón en la pista FS 15. P.T.P. 16. Recreativo de Juerga 3.0 17. Non sabemos ganar 18. Pussy wagon 19. Circoñete 20. Real Suciedad FC Vémonos o 14, 15 e 16 de xullo en Quiroga! Esperamos estar á altura! #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Quiroga #Futsal #Feminino

4/25/2023, 9:20:37 AM

⚠️📋 INFORMACIÓN INSCRICIÓNS Estamos alucinando con todas vós, medio día coas inscricións abertas e xa casi temos que colgar o cartel de completo! Levamos 1️⃣8️⃣ equipos inscritos, polo que só nos quedan as 2️⃣ últimas prazas libres! Recordade que por cuestión de instalacións e horarios non podemos ampliar o número de prazas e cerraremos o chegar ao equipo 20. 📋⚽️ Equipos inscritos: 1. FSF Quiroga 2. Piruflisu 3. Bulebule FS A 4. Bulebule FS B 5. Toca e Vaite 5. Contracoxas 7. Comisión de festas CF 8. Superbebientes 9. Unión Festeira 10. Estrelladas FS 11. Sporting Cambre 12. Rayo McQueen 13. TBT Party 14. PTP 15. Recreativo de Juerga 3.0 16. Non sabemos ganar 17. Resacón en la pista 18. Pussy Wagon #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Futsal #Quiroga #Feminino #Inscricións

4/24/2023, 10:33:18 PM

📋✅ ABRIMOS INSCRICIÓNS Como xa viñemos anunciando, desde hoxe quedan abertas as inscricións na VI edición do noso torneo. Que tedes que facer para inscribir a un equipo❓ 1️⃣ Descarga e cubre o formulario de inscrición. 🔗 https://docs.google.com/document/d/10O9mFPaM96VrNqHlTzh5buz_7dTOV0HG/edit?usp=sharing&ouid=112848118740021016296&rtpof=true&sd=true (Deixámosvos en historias o enlace directo ao mesmo). 2️⃣ Realiza o pago da cota de inscrición. 📆Do 24 ao 30 de abril ➡️ 40€ equipos da V edición - 50€ equipos novos 📆Do 1 de maio ao 30 de xuño ➡️ 60€ 💳 IBAN ES9120800138953000068838 📱BIZUM 651 85 72 05 3️⃣ Envía por email o formulario de inscrición cuberta e o xustificante de pago. 📧[email protected] ⚠️ A ter en conta: - A cota de inscrición reducida pertence ao responsable dun equipo da V edición. - Límite 20 equipos. - Cada equipo estará composto por un máximo de 12 xogadoras + entrenador/a - delegada/o - auxiliar. - A relación de xogadoras deberase entregar por email antes do 7 de xullo. 🔗 https://docs.google.com/document/d/1hRmjX9g0KeuHDgXpsNhmKU6jtphAWRIl/edit?usp=sharing&ouid=112848118740021016296&rtpof=true&sd=true Non esperes moito que as prazas voan! Vémonos en Quiroga!! 🤙🏼⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga #Inscricións

4/24/2023, 2:13:46 PM

📒 BASES E NORMATIVA O luns abrimos as inscricións, pero antes deixámosvos por aqui as bases e normativa do noso torneo para que coñezades máis sobre o desenvolvemento do mesmo. 🔗 https://drive.google.com/file/d/17SlThuojJ5Z2SxWoUF_Q7Wz7n24PAHaP/view?usp=sharing #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga #Bases #Normativa

4/22/2023, 2:28:02 PM

DÚBIDAS SOBRE A INSCRICIÓN A 40€ ❓ Este ano quixemos premiar aos equipos que nos acompañaron na edición anterior cunha inscrición máis económica, pero que requisitos hai que cumprir para poder facer a inscrición a 40€? 1️⃣ NON é obrigatorio usar o mesmo nome. Sabemos que a maioría de equipos, aínda que manteñen a súa base, cambian de nome en cada edición, polo tanto non será obrigatorio inscribir ao equipo co mesmo nome que o ano pasado. 2️⃣ A referencia é a/o RESPONSABLE do equipo. Cada responsable de equipo da V edición ten a posibilidade de inscribir ao equipo por 40€. 3️⃣ Unha/un mesma/o responsable para varios equipos. É posible que unha ou un mesmo responsable inscriba a máis dun equipo, neste caso terá tantas inscricións a 40€ como equipos inscribira na edición anterior. O resto de equipos que inscriba será ca tarifa de 50€. Esperamos que quedara claro, pero calquera dúbida ou situación particular podedes consultarnos por privado. #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga

4/19/2023, 1:18:52 PM

📋 INFORMACIÓN INSCRICIÓNS Antes de abrir o periodo de inscricións deixámosvos información sobre as mesmas. 📆 Período de inscricións: Este ano temos dous prazos para as inscricións, nos cales variará o prezo da mesma: 1️⃣ Prazo ➡️ Do 24 ao 30 de abril 40€ equipos participantes na V edición 💶 50€ equipos novos 💶 2️⃣ prazo ➡️ do 1 de maio ao 30 de xuño 60€ 💶 📋 Procedemento: Para formalizar a inscrición dun equipo deberase: - Cubrir o formulario de inscrición. 📝 - Realizar o pago da inscrición. 💶 - Enviar por e-mail o formulario cuberto e o xustificante de pago. 📧 ⚠️ Importante: - Límite 20 equipos. 👥 - O día 24 faremos unha publicación para anunciar a apertura de inscricións, onde vos proporcionaremos todos os documentos necesarios para a mesma. #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga

4/17/2023, 10:28:10 AM

VI TORNEO DINA Val de Quiroga 🤙🏻⚽️ Somos conscientes de que estábades impacientes por saber a data do torneo este ano e por iso non imos esperar máis: 📆 14-15-16 xullo de 2023 Vai reservando eses tres días porque esta edición chega cargadiña de novidades!! 🔜 Pouco a pouco iremos deixándovos toda a información‼️ Vémonos en Quiroga! #TorneoDinaValdeQuiroga #Torneo #Futsal #Feminino

4/3/2023, 4:51:25 PM

🗞 Nova do xornal “El Progreso” sobre o éxito do noso torneo. https://www.elprogreso.es/articulo/ribeira-sacra/futbol-sala-que-va-mas-alla-balon/202207221404461590672.html Moitas gracias @carlosgonzalezfm! #TorneoDinaValdeQuiroga #TorneoDina #Volveradisfrutar #Tormeo #Futsal #Feminino #Quiroga

7/27/2022, 12:08:09 AM

🏆 PREMIADOS V EDICIÓN 💚 Premio á fidelidade: TOCA E VAITE Fase consolación: 2️⃣ Subcampión: CORTA Y FRIEGA 🏅Campión: FSF QUIROGA 🧤 Mellor porteiro: ÁLVARO TABOADA (Sp. Cambre) ⚽️ Mellor xogadora: PATRI CORRAL (Piruflisu) 🥈Subcampión: SP. CAMBRE 🏆 Campión: PIRUFLISU #TorneoDinaValdeQuiroga #Volveradisftutar #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga

7/17/2022, 11:37:22 PM

Unha vez recuperadas as horas de sono e curadas da resaca emocional toca clausurar a V edición do Torneo Dina Val de Quiroga e so podemos facelo dando as grazas. Grazas aos supermercados locais Covirán, Dia, Familia, Escaleira e Plenus polas súas donacións para poder darlle unha boa benvida aos equipos participantes. Grazas a distribuciones La Castellana e Roca por asegurar a hidratación das xogadoras neste fin de semana tan sofocante. Gracias a Pizzería A Pedra, Cafetería A Botica, A Taberna, Bar Chapakuña 3, Ruxe-Ruxe, Pub LK2, Pub Tic-Tac e Yoya Disco-Pub polas ofertas ofrecidas para facilitar a estadía de todas no noso pobo. Grazas ó Concello de Quiroga, especialmente a Andrés e Rachu, por colaborar na organización do Torneo. E un GRAZAS en maiúscula a todas as xogadoras e corpos técnicos, por confiar en nós e facer desta V edición récord de participantes, pola deportividade, e bo ambiente mostrado durante todo o torneo e por deixarnos desfrutar do voso futsal. As semanas previas son duras, pero estes 3 días fan que mereza a pena. Con que vós desfrutárades a metade do que o fixemos nós o obxectivo estará cumplido. MIL GRAZAS! Vémonos o ano que ven!! #TorneoDinaValdeQuiroga #Volveradisgrutar #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga

7/11/2022, 4:45:23 PM

Resultados da V edición do noso torneo: - FASE FINAL 🏆Campión: PIRUFLISU 🥈Subcampión: SP. CAMBRE 🥉3º: SANTA COMPAÑA B 4️⃣ 4º: RECREATIVO DE JUERGA 2.0 - FASE CONSOLACIÓN: 🏅Campión: FSF QUIROGA 2️⃣ Subcampión: CORTA Y FRIEGA - PREMIOS INDIVIDUAIS: ⚽️Mellor xogadora: PATRI CORRAL (Piruflisu) 🧤Mellor porteira: ÁLVARO TABOADA (Sp. Cambre) - PREMIO ESPECIAL: 🏆 Trofeo á fidelidade: TOCA E VAITE #TorneoDinaValdeQuiroga #Volveradisfrutar #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga

7/11/2022, 12:38:53 AM

🏆 FINAIS Xa temos gran final desta V edición do noso torneo: ⏰20:00 ⚽️ PIRUFLISU - SP. CAMBRE E na fase de consolación: ⏰18:00 ⚽️ Corta y friega - FSF Quiroga #TorneoDinaValdeQuiroga #Volveradisfrutar #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga

7/10/2022, 5:59:30 PM

📆 XORNADA DO DOMINGO Despois da fase de grupos imos a pola fase de eliminatorias, estes foron os cruces que nos deparou esta edición: 🏆 FASE FINAL 10:00 (1) SUPERBEBIENTES - PIRUFLISU 11:00 (1) RESACÓN EN LA PISTA - RECREATIVO DE JUERGA 2.0 12:00 (2) SANTA COMPAÑA B - RESUELVO YO 13:00 (2) SP. CAMBRE - UNIÓN FESTEIRA 🏅 FASE CONSILACIÓN 14:00 CORTA Y FRIEGA - DRINKTEAM 15:00 LA GUTINETA - FSF QUIROGA 16:00 SEMIFINAL 1 17:00 SEMIFINAL 2 18:00 FINAL CONSOLACIÓN 19:00 3º e 4º POSTO 20:00 FINAL #TorneoDinaValdeQuiroga #Volveradisfrutar #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga

7/10/2022, 3:53:25 AM

CLASIFICACIÓNS GRUPOS Fase de grupos rematada, así queda a clasificación de cada grupo: GRUPO A 🥇SP. CAMBRE 🥈SUPERBEBIENTES 🥉CORTA Y FRIEGA 🎖JAS PA DIANTE GRUPO B 🥇UNIÓN FESTEIRA 🥈LA GUTINETA 🥉ESTRELLADAS 🏅SANTA COMPAÑA A GRUPO C 🥇RESACÓN EN LA PISTA FS 🥈SANTA COMPAÑA B 🥉CAÑA AQUÍ FS 🏅DE RUTA POR CORUÑA FS GRUPO D 🥇RESUELVO YO 🥈RECREATIVO DE JUERGA 2.0 🥉CONTRACOXAS 🏅TOCA E VAITE GRUPO E 🥇PIRUFLISU 🥈DRINKTEAM 🥉FSF QUIROGA 🏅TBT PARTY 🤙🏼⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Volveradisfrutar #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga

7/10/2022, 1:02:09 AM

⚽️ RESULTADOS VENRES 8 Rematamos a primeira xornada do torneo cos seguintes resultados. Vémonos mañá novamente ás 9:00! 🤙🏼⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Volveradisfrutar #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga

7/9/2022, 3:36:33 AM

NON TODO VAI SER FUTSAL.. Hoxe presentámosvos varias opcións que preparamos para disfrutar do torneo dunha forma diferente: 🗺 🏆 BUSCA DO TESOURO Tematizada na 1ª División feminina de futsal, seguindo as indicacións dun mapa debedes atopar aos 9 campións históricos da competición e superar a proba proposta. ⏰ Venres de 22:00 a 00:00 e sábado de 20:00 a 22:00. 🏆 Premio: Lote de produtos de Deikí. 🎮 ZONA PLAY Zona habilitada con vídeoconsola para xogar ao FIFA. ⏰ Durante todo o torneo. 🎯 CONCURSO DE PUNTERÍA Cada xogadora realizará tres lanzamentos a unha portería con diferentes puntuacións, tratando de acadar a máxima puntuación posible. ⏰ Sábado de 18:30 a 20:00 e domingo de 17:30 a 19:00. 🏆 Premio: Balón firmado polo Burela FSF. Queremos mandar un agradecemento especial a @larabalseiro que nos consegui ese pedazo premio. MOITAS GRAZAS! 🤙🏼⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Volveradisfrutar #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga

7/7/2022, 2:41:50 PM

PACK BENVIDA 🍏🍌🥜🍫 Grazas a colaboración dos supermercados locais todos os equipos participantes recibirán un pack de benvida con diferentes produtos de alimentación. Moitas grazas PLENUS SUPERMERCADO, COVIRÁN QUIROGA, SUPERMERCADO ESCALEIRA, FAMILIA e DIA QUIROGA‼️ 🤙🏼⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Volveradisfrutar #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga

7/6/2022, 1:31:33 PM

💠 OFERTAS: CANTINA PAVILLÓN Grazas a colaboración de DISTRIBUCIONES LA CASTELLANA podemos ofertar descontos na cantina do pavillón: 🍺 Lata Estrella Galicia: 0,70€ E como algunha nos comentou que o futsal sempre vai con pipas, tamén teremos packs con ofertas en cervexa+pipas ou refresco+pipas. Moitas grazas Héctor! 🤙🏼⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Volveradisfrutar #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga

7/5/2022, 3:20:40 PM

💠 OFERTAS: PUB LK2 Rematamos coas ofertas cun local que abriu as súas portas fai case nada e que xa se suma a colaborar co noso torneo, PUB LK2, que vos ofrece descontos para poder disfrutar da noite quiroguesa. 🍸🍹🥃 - Copas: 4€ - Chupitos: 1€ Moitas grazas @pub_lk2.0 ! 🤙🏼⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Volveradisfrutar #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga

7/3/2022, 11:38:37 AM

💠OFERTAS : A BOTICA CAFETERÍA Isto é un non parar, máis ofertas dun novo local, A BOTICA CAFETERÍA, abriu as súas portas hai a penas un ano pero xa se suma ao noso torneo, estamos seguras de que non vos vai defraudar. 🍽 Para comer: 🍔 Hamburguesa + Patatas + 1 Bebida: - A Botica: 7€ - Básica: 4,50€ - Tradicional 5,50€ - De polo: 5€ 🥪 Sandwich + Patatas + 1 Bebida: - A Botica: 5,50€ - Mixto: 3,50€ - Mixto con ovo: 4€ - Vexetal: 4€ 🌭Perrito + Patatas + 1 Bebida: 3€ Moitas grazas @aboticacafeteria!! 🤙🏻⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Volveradisfrutar #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga

7/1/2022, 11:17:43 AM

💠 OFERTAS: YOYA DISCO-PUB Un novo local únese a colaborar co noso torneo, YOYA DISCO-PUB, que vos ofrece ofertas para disfrutar da noite quiroguesa acompañadas de boa música e bo ambiente: 🍸🍹🥃 - Copas: 4€ - Chupitos: 1€ Moitas grazas YOYA! 🤙🏼⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Volveradisfrutar #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga

6/29/2022, 12:23:45 PM

💠OFERTAS : RUXE RUXE Seguimos coas ofertas e como non podía faltar o RUXE RUXE, un negocio que desde a primeira edición estivo colaborando con nós. Este ano cambiou o seu dono, pero continúa coas ofertas para todas vós, seguro que nos encanta a súa nova carta! 🍽 Para comer: - Hamburguesa + Patatas + 1 Bebida: 6€ - Bocadillo + Patatas + 1 Bebida: 6€ - Sándwich + Patatas + 1 Bebida: 6€ 🍹🍸 Pola noite: - Copas: 4€ - Chupitos: 1€ Moitas grazas @ruxeruxenew!! 🤙🏻⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Volveradisfrutar #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga

6/26/2022, 12:41:05 PM

💠 OFERTAS: PUB TIC-TAC Un ano máis segue colaborando co noso torneo o Pub Tic-Tac, que fará que disfrutedes da noite quiroguesa coas seguintes ofertas: 🍸🍹🥃 - Copas: 4€ - Chupitos: 1€ Moitas grazas Roberto! 🤙🏼⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Volveradisfrutar #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga

6/23/2022, 1:48:11 PM

💠 OFERTAS: A TABERNA Un novo local únese este ano a colaborar co noso torneo para ofrecervos ofertas a todas as participantes: 🍽 Para comer: - Hamburguesa + Patatas + Ensalada + 1 Bebida: 8€ - Tapas: 1€ 🍹🍸 Pola noite: - Copas: 4€ - Cócteles (mojitos, tisanas…): 4€ Moitas grazas @a_tabernabar!! 🤙🏼⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Volveradisfrutar #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga

6/19/2022, 4:22:06 PM

💠 OFERTAS : PIZZERÍA A PEDRA Seguimos coas ofertas dos negocios colaboradores, toca a quenda de PIZZERÍA A PEDRA, que se uniu a nós na edición pasada e que repite unha vez máis. 🍽 Para comer: Pizza mediana + 1 Bebida: 7€ Pizza grande + 2 Bebidas: 12€ Resto da carta: 20% de desconto. Moitas grazas pola vosa colaboración! 🍕 🍕 🤙🏻⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Volveradisfrutar #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga

6/14/2022, 12:55:20 PM

💠OFERTAS : CHAPAKUÑA 3 Comezamos a anunciarvos as ofertas que temos este ano nos distintos negocios colaboradores e estamos encantadas de comenzar por CHAPAKUÑA 3, un bar que nos axudou desde a 1ª edición e está sempre apoiando o noso torneo. 🥛🥖🍩 Para desayunar: - Café ou Colacao + Bollo ou tostada: 2,50€ 🍽 Para comer: - Hamburguesa + Patatas + 1 Bebida: 6€ - Pasta boloñesa + 1 Bebida: 6€ - Pizza + Patatas + 1 Bebida: 6€ - Menú do día: 11€ (1ºprato + 2ºprato + café ou postre). 🍹🍸 Pola noite: - Copas: 4€ - Chupitos: 1,50€ Moitas grazas @chapa3quiroga!! 🤙🏻⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Volveradisfrutar #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga

6/11/2022, 2:56:41 PM

CALENDARIO 🗓 Xa temos horario definitivo do noso torneo, moito fútbol sala por disfrutar: Fase de grupos: ⏰ VENRES 8: de 20:00 a 3:30. ⏰ SÁBADO 9: de 9:00 a 2:30. Fase final: ⏰ DOMINGO 10: de 10:00 a 21:00. Non queda nada para vernos por Quiroga!! 🤙🏻⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Volveradisfrutar #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga

6/10/2022, 10:58:51 AM

SORTEO GRUPOS E CRUCES 🎰 Deixámosvos por aquí o vídeo emitido en directo 🎥 do sorteo de grupos e cruces da fase final e fase de consolación. 🗓 Mañá enviaremos o calendario da competición a todos os equipos e o venres publicarémolo nas nosas redes sociais. Sorte a todas! 🍀🍀 Isto está a puntiño de comezar 🤙🏻⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Volveradisfrutar #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga

6/8/2022, 9:15:43 PM

MERCHANDISING TORNEO 👕 Grazas a colaboración de Deikí hoxe presentamos merchandising oficial do torneo. 💶 Prezos: - Camiseta 9€ - Suadoiro 18€ ⚠️ Venta só por encargo. ⚠️ Para confirmar o pedido necesitamos un mínimo de encargos. 📆 Reservas a ata o 20 de xuño. 🔴🟡🟢🔵🟠🟣 Dispoñibles en varias cores. 📦 Entrega de pedidos durante o torneo. ➡️ Reservas a través de: Redes sociais. 🌐 651 85 72 05 📱 [email protected] 📧 Non te quedes sen a túa! 🤙🏻⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Volveradisfrutar #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga

6/6/2022, 1:04:03 PM

SORTEO GRUPOS E CRUCES 🎰 Este mércores 8 de xuño ás 21:00 realizaremos o sorteo dos grupos e cruces desta V edición do noso torneo, a través dun directo en Instagram. En canto aos grupos, recordade que serán 5️⃣ grupos de 4️⃣ equipos cada un. Ademais, sortearemos tamén os cruzes de cuartos da fase final e os de semifinais da fase de consolación, tendo en conta as seguintes condicións: 🏆 Fase final: - Clasificaranse para cuartos os 5 primeiros de cada grupo 🥇 e os 3 mellores segundos 🥈. - Non serán válidos os emparellamentos entre os segundos clasificados, polo que de producirse repetirase o sorteo ata evitar esta casuística. 🏅Fase de consolación: - Clasificaranse para semifinais os 2 peores segundos 🥈 e os dous mellores 🥉. - O emparellamento será terceiros contra segundos. O calendario de partidos realizarao a Organización tendo en conta a distancia dos equipos participantes e intentando equilibrar os descansos 🗓⏰. Vémonos o mércores ás 21:00 en Instagram e en nadiña xa nos vemos por Quiroga! Sorte a todas!! 🍀🍀 🤙🏻⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Volveradisfrutar #Torneo #Futsal #Feminino #Quiroga

6/4/2022, 11:12:55 AM

PISCINAS GRATUÍTAS 🏊🏼‍♀️ 🛟 👙 Como en edicións pasadas, grazas á colaboración do Concello de Quiroga, todas as participantes no noso torneo terán acceso gratuito ás piscinas municipais os días de duración do torneo: Venres 8, sábado 9 e domingo 10. 🤙🏻⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Volveradisfrutar #Torneo #Futsal #Feminino #Piscinas

5/30/2022, 3:15:26 PM

CONCIENCIADOS CO MEDIO ♻️🚰 Nesta edición queremos seguir achegando o noso graiño de area ao coidado e protección do medio e por iso imos cunha iniciativa en canto á xestión das botellas de auga durante os partidos. Grazas a colaboración de Distribuciones Roca e dos supermercados locais ao inicio do torneo entregaránselle a cada equipo tres botellas de auga de forma gratuíta. A partir de aquí, durante os partidos, cada equipo poderá intercambiar unha botella de auga vacía por unha nova gratis. De este modo tratamos de evitar malgastar a auga e reducir o consumo de plásticos, xa que en anteriores edicións eran moitas as botellas que se tiraban medio cheas, o que implica unha repercusión nociva para o noso planeta. Entre todas podemos axudar a coidar ó medio! 🤲🏻🌎 🤙🏻⚽️ #TorneoDinaValdeQuiroga #Volveradisfrutar #Torneo #Futsal #Feminino

5/13/2022, 10:55:06 AM