XeodestinoTerrasdeSantiago images

Discover Best XeodestinoTerrasdeSantiago Images of World

#food #travel #sports #news #april #monday

➡️ 𝗢 Concello de Brión 𝗲𝘀𝘁𝗶𝘃𝗼 𝗿𝗲𝗽𝗿𝗲𝘀𝗲𝗻𝘁𝗮𝗱𝗼 𝗻𝗮 𝗙𝗲𝗶𝗿𝗮 𝗜𝗻𝘁𝗲𝗿𝗻𝗮𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹 𝗱𝗲 𝗧𝘂𝗿𝗶𝘀𝗺𝗼 #FITUR Ademais de contar con material promocional no stand de Galicia, no día de onte xunto coa concelleira Guarina Rey (presidenta do GDR Terras de Compostela) realizamos a presentación do vídeo 📹 𝙏𝙚𝙧𝙧𝙖𝙨 𝙙𝙚 𝙎𝙖𝙣𝙩𝙞𝙖𝙜𝙤. 𝘿𝙞𝙨𝙩𝙞𝙣𝙩𝙖𝙨 𝙢𝙖𝙣𝙚𝙧𝙖𝙨 𝙙𝙚 𝙙𝙞𝙨𝙛𝙧𝙪𝙩𝙖𝙧 𝙚𝙡 𝙖𝙜𝙪𝙖. Nesta presentación estivemos acompañados da actriz Maria Vázquez, Pedro Blanco Delegado do Goberno en Galicia, Carmen Pita, directora de promoción de #Turismo de Galicia e de representantes de todos os #concellos da #comarca. #brionsenirmaislonxe #concellodebrión #XeodestinoTerrasdeSantiago #TerrasdeCompostelaenFitur #FITUR2024 #promocionturistica #coñeceterrasdesantiago

1/26/2024, 3:49:14 PM

𝐁𝐎𝐐𝐔𝐄𝐈𝐗𝐎́𝐍 𝐄𝐍 𝐅𝐈𝐓𝐔𝐑 O Concello de Boqueixón, representado polo seu alcalde @ovidiorodeiro, estivo presente hoxe en @fitur por triplicado: 💦 Co @gdr_terras_compostela presentando a campaña "Terras de Santiago. Distintas maneiras de desfrutar da auga" xunto ao delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; a directora de promoción de @turismodegalicia, Carmen Pita; a actriz María Vázquez; a presidenta do GDR, Guarina Rey; e representantes dos concellos integrados na agrupación. 😋 Cos amigos e amigas da Asociación Cultural da Filloa de Lestedo, que compartiron esta esquisitez gastronómica cos presentes e puxeron en valor a @festadafilloadelestedo , apoiando que merece ser declarada de Interese Turístico Nacional. 👣 e co @camino_minoto_ribeiro defendendo a oficialidade dunha fermosa ruta xacobea que vai dende Braga (Portugal) ata Santiago de Compostela. #Boqueixón #Filloa #Lestedo #FestadaFilloa #xeodestinoTerrasdeSantiago #TerrasdeSantiagoenFitur #FITUR2024 #feirainternacionaldeturismo #xacobeo

1/25/2024, 7:27:25 PM

𝐏𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐞𝐧 𝐅𝐢𝐭𝐮𝐫 Grazas ao delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; á directora de promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita; aos representantes dos nosos concellos, a actriz @maruxatomei e a todas as persoas que este xoves nos acompañastes en Fitur durante a presentación do 🎥 vídeo 𝑻𝒆𝒓𝒓𝒂𝒔 𝒅𝒆 𝑺𝒂𝒏𝒕𝒊𝒂𝒈𝒐. 𝑫𝒊𝒔𝒕𝒊𝒏𝒕𝒂𝒔 𝒎𝒂𝒏𝒆𝒓𝒂𝒔 𝒅𝒆 𝒅𝒊𝒔𝒇𝒓𝒖𝒕𝒂𝒓 𝒅𝒆𝒍 𝒂𝒈𝒖𝒂. Agardamos que vos gustase o vídeo. Nós sabemos que temos un territorio cheo de recursos e con atractivos suficientes para ofrecer un produto turístico sustentable e de calidade que axude a dinamizar o noso rural. 𝐀𝐩𝐨𝐬𝐭𝐚𝐦𝐨𝐬 𝐩𝐨𝐥𝐚 🌿 𝐧𝐚𝐭𝐮𝐫𝐞𝐳𝐚 𝐞 𝐚𝐬 𝐞𝐱𝐩𝐞𝐫𝐢𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚𝐬 para atraer visitantes que valoren a autenticidade e a nosa hospitalidade. Somos tamén, por suposto, cultura e tradición. Agradecémoslle á Asociación Cultural da Filloa de Lestedo que nos axudase a mostrar un anaco da nosa exquisita gastronomía. Merecedes contar cunha Festa de Interese Turístico Nacional‼️ #xeodestinoTerrasdeSantiago #TerrasdeSantiagoenFitur #FITUR2024 #feirainternacionaldeturismo

1/25/2024, 4:06:28 PM

𝑻𝒆𝒓𝒓𝒂𝒔 𝒅𝒆 𝑪𝒐𝒎𝒑𝒐𝒔𝒕𝒆𝒍𝒂. 𝐃𝐢𝐬𝐭𝐢𝐧𝐭𝐚𝐬 𝐦𝐚𝐧𝐞𝐫𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐝𝐢𝐬𝐟𝐫𝐮𝐭𝐚𝐫 𝒅𝒆𝒍 𝒂𝒈𝒖𝒂 é o título do 🎥 vídeo que este 📆 𝐱𝐨𝐯𝐞𝐬, 𝟐𝟓 𝐝𝐞 𝐱𝐚𝐧𝐞𝐢𝐫𝐨, presentamos en 📍 𝐅𝐢𝐭𝐮𝐫. Convidámonos a acompañarnos na Feira Internacional de Turismo de Madrid nun acto no que queremos dar a coñecer os moitos atrativos do xeodestino Terras de Santiago e as marabillosas experiencias que se poden vivir nun territorio fluvial e acolledor como o noso. Apunta na axenda: 🎥 Presentación do vídeo de promoción turística 𝑻𝒆𝒓𝒓𝒂𝒔 𝒅𝒆 𝑪𝒐𝒎𝒑𝒐𝒔𝒕𝒆𝒍𝒂. 𝐃𝐢𝐬𝐭𝐢𝐧𝐭𝐚𝐬 𝐦𝐚𝐧𝐞𝐫𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐝𝐢𝐬𝐟𝐫𝐮𝐭𝐚𝐫 𝒅𝒆𝒍 𝒂𝒈𝒖𝒂 📍 𝐏𝐚𝐯𝐢𝐥𝐥𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚 𝐞𝐧 𝐅𝐢𝐭𝐮𝐫 ⏰ 𝟏𝟓.𝟑𝟎 𝐡𝐨𝐫𝐚𝐬 Haberá sorpresas‼️ #XeodestinoTerrasdeSantiago #TerrasdeCompostelaenFitur #FITUR2024 #promocionturistica #coñeceTerrasdeSantiago

1/24/2024, 12:00:52 PM

🥾📸E con este fermosísimo percorrido polo Concello de Val do Dubra ,damos por concluido o programa de experiencias “Terras de Santiago: Máis alá de Compostela” 🍁🍁 Fixémolo o pasado outubro, con esta ruta circular de 13km que nos levou a través de paisaxes impresionantes ata descubrir a Fervenza do Rexedoiro. Comezamos e rematamos no Campo da Feira de Bembibre. Seguindo a marxe dereita do río Dubra, quedamos marabillados coa beleza da Insua de Santa Mariña de San Román, antes de regresar ó punto de partida.🏞 Gozamos de un encantador percorrido que combina sendeiros de pescadores, campos de cultivo e bosques frondosos. Atravesamos áreas de repoboación e bosques autócconos, donde os alcornoques, laureles e castaños nos envolveron en un ambiente máxico.🌳🍂🍁 Pasamos pola capela de San Xoán Bautista, un tesouro escondido nos montes de San Martiño Couceiro. Construida no século XVII, esta xoia arquitectónica transportounos a tempos pasados. E preto de alí, atopamos a máxica fonte de Augas Virxes, coas súas augas milagrosas. ⛪️ #xeodestinoTerrasdeSantiago

1/16/2024, 4:00:47 PM

Feliz ano‼️🥳 Imos comezar 2024 do mesmo xeito que finalizamos 2023, gozando da natureza, e empapándonos de cultura e historia. Desta volta queremos mostrarvos o que foi o percorrido polo Concello de Vedra o pasado outubro, dentro do programa de experiencias “Terras de Santiago: Máis alá de Compostela”… Descubrimos os productos do Ulla, os seus productores e os procesos de creación dos mesmos. 🥾 En esta xornada achegámonos a coñecer a Estación Ictiolóxica na que coñecimos de primeira man o traballo e a cultura da pesca do río Ulla. 🏞🐟 Ademáis, para seguir profundizando nos productos locais do concello de Vedra e das ribeiras do Ulla, achegámonos a Adega Lixeles, unha bodega tradicional e familiar. Lixeres e un viño albariño da subzona do Ulla, pertencente á denominación de orixe Rias Baixas. Alí, ademáis de comprender o traballo do viticultor, probamos alguns dos seus viños máis representativos. 🍇🥂 #xeodestinoTerrasdeSantiago

1/9/2024, 9:00:33 PM

📜A lamprea, un antiguo habitante dos ríos galegos dende fai máis de 500 millóns de anos, é coñecida como “a vampiresa da auga” ou “a reina do río”. Este peixe representa un dos primeiros vertebrados rexistrados na Terra e existiu no planeta moito antes da especie humana e incluso dos dinosaurios. A súa presencia nas nosas augas é un testimonio da súa historia evolutiva e a súa adaptabilidade ó longo de milenios. Aínda que as antiguas pesqueiras non están visibles a día de hoxe, cando o río vai alto, todo o paseo da Ruta da Lamprea, no Concello de Brión , é testimonio do pasado lampreeiro do Tambre. Ó longo da ribeira do río Tambre, atópase este sendeiro, con aproximadamente 10km de extensión. Ruta circular que discorre na maior parte do tempo polos términos da parroquia de Santa María de Ons, e que percorremos o pasado Outubro dentro do programa de experiencias “Terras de Santiago: Máis alá de Compostela”🍁🍁🍁 O relaxante sonido do río acompañounos durante toda a camiñata, mentres admirábamos as pedras por onde flúen pequenos regatos. Ademáis, puidemos marabillarnos cos famosos rodeiros do Tambre.🏞📷 A medida que avanzábamos, a paisaxe era máis incríble, sumerxidos no bosque atlántico repleto de carballos, loureiros, abeleira, freixos, acivros, perales silvestres e unha diversidade de fentos e fungos.🌳🌿🍀 #xeodestinoTerrasdeSantiago

12/20/2023, 7:00:45 PM

🥾🏞Fermoso percorrido o que fixemos entre o Concello de Teo e o de Padrón dentro do programa de experiencias "Terras de Santiago: Máis alá de Compostela" 🍁🍁 A ruta Per Caminho de Lampai é unha ruta tradicional que nos levou dende a capela de Santa Ana en Agrela, rodeando a Fonte da Grela e seguindo principalmente o Rego do Tarrío. Puidemos explorar os vestixios de nove muiños, un dos cales alberga restos de unha antigua ferrería. 📷 Somerxémonos na natureza atravesando un frondoso bosque de ribeira e puidemos admirar a presencia do Marco Medieval ó longo do regato, que marca o límite entre os municipios de Teo e Padrón.🏞🌳🍁 O nome da ruta provén de un verso do trovador Compostelano Joán Airas, en unha emotiva canción de amor que lle da un toque romántico e poético a esta experiencia única.📜 #xeodestinoTerrasdeSantiago

12/13/2023, 6:00:35 PM

O programa de experiencias “Terras de Santiago: Máis alá de Compostela” 🍁🍁comezou outubro con unha ruta polo 📍 Concello de SANTA COMBA Info+ , coa Agroruta do Xallas 🥾 Iniciamos o percorrido para esta agroruta dende a área recreativa de Esmorode, para descubrir a Agroruta do Xallas a través de antiguos camiños de pescadores, e pasamos por lugares como a antigua Presa do Outeiro, oculta polo paso do tempo 🌳🏞 A Ponte de Tapia marcou o inicio da volta, por donde puidemos apreciar a fortaleza dos campos de cultivo adicados á gandería 🐮 Ó chegar a Esmorode, atravesamos parte da parroquia de Alón (das mans de gandeiras expertas) donde coñecimos de primeira man cómo é o día a día e traballo en unha gandería 🏡🐄🐂🐕 Fantástica experiencia!!! #xeodestinoTerrasdeSantiago

12/4/2023, 4:01:01 PM

Qué ben o pasamos, e que saborosas famosas filloas á Pedra do📍 Concello da Baña ‼️ Así rematamos Setembro no programa de experiencias “Terras de Santiago: Máis alá de Compostela”🍁🍁, con unha ruta circular a carón da ribeira do río Tambre.🥾 Partimos da área recreativa de Chans e pasamos por Castiñeira, donde puidemos ver o antiguo lavadoiro e o primeiro dos muiños da ruta.📸 Cruzamos o río e baixamos pola beira do rego Faílde, onde puidemos entender o funcionamento da antigua central eléctrica. Quedamos impresionados cos antiguos muiños, as cascadas que se alinean ó longo da beira do río, ata chegar a Vilariño para regresar ó noso punto de partida. 📸 Tamén puidemos degustar as famosas Filloas á Pedra da man da Asociación de Filloas a Pedra de A Baña, un dos postres máis tradicionais do territorio.😋 #xeodestinoTerrasdeSantiago

11/27/2023, 4:00:37 PM

No 📍 Concello de Negreira , dentro do programa de experiencias “Terras de Santiago: Máis alá de Compostela” 🍁🍁 tivemos a sorte de gozar con unha fermosa ruta teatralizada. 🥾🧙‍♂️ En esta ocasión, non só gozamos da paisaxe, senón que camiñamos acompañados dunha compañía de teatro que a tavés da interpretación nos deron a coñecer o pasado dos lugares polos que camiñamos. Fomos coñecedores da pegada do Románico en Negreira, visitando tres dos monumentos representativos desta época no territorio: Visita ás igrexas de Gonte e Portor, e visita a Pontemaceira. 📸 Foi unha ruta diferente, na que camiñar, coñecer e a maiores gozar de unha obra de teatro itinerante que nos axudou a entender a historia que rodea esos monumentos e a unha época histórica vibrante. ℹ️En Negreira celebrase a Feira do Románico o primeiro fin de semana de setembro, unha festa de recreación histórica na que por uns días os veciños e o entorno do Pazo de Cotón, retroceden ó século XIII para lembrar o seu ilustre trovador “Afonso Eanes de Cotón”, un dos máis importantes da literatura Galego – Portuguesa. #xeodestinoTerrasdeSantiago

11/21/2023, 10:00:28 PM

🥾Outra fermosa ruta do programa de experiencias “Terras de Santiago: Máis alá de Compostela” 🍁foi a realizada en dous lugares emblemáticos do @Concello de Rois : “Entre Castros e Pazos: Castro Lupario e Pazo Faramello. A ruta do Castro Lupario foi moi fácil de percorrer, un sendeiro circular creado polos Concellos de Brión e Rois, que nos levou a descubrir as súas incríbles paisaxes e toda a natureza que o rodea. 🥾🌳🦉 Percorremos a zona de repoboación de árbores autóctonos, polo Xardín do Recodo e pola ponte Paradela, construcción medieval restaurada en unha zona con encanto e moi adecuada para descansar. Esta zona une os concellos de Brión e Teo. 🌳🌱🏞 Tamén visitamos o Pazo Faramello, un edificio de comezos do século XVIII de estilo barroco compostelano civil, con marcadas influencias italianas, donde puidemos transportarnos a outra época. Gozamos aquí de unha degustación de viños galegos e contáronnos a historia deste lugar. 🥂 #xeodestinoTerrasdeSantiago

11/14/2023, 7:00:37 PM

Dentro do programa de experiencias “Terras de Santiago: Mái alá de Compostela” 🍁🥾tivemos ao privilexio de visitar o lexendario Pico Sacro ( @concellodeboqueixon ), lugar de lendas da mitoloxía galega, dende un punto de vista diferente. Trátase de un lugar moi interesante, non só pola súa gran altitude, tamen por toda a historia e lendas que envolve este lugar. 🥾⛰📜 Unha das lendas é a da Raíña Lupa, que relata cómo os discípulos do Apóstolo, buscando un carro e bois, enfrentaron un dragón no Pico Sacro e, ó facer o sinal da cruz, vencérono e convertiron á Raíña e os seus súbditos ó Cristianismo. A maiores, outras historias mitolóxicas locales, como os moros e as serpes nas covas cercanas, enriquecen o misticismo do lugar.⛰📜 O Pico Sacro atópase a nada máis e nada menos que 530 metros sobre o nivel do mar, e dende alí puidemos gozar de unha das vistas panorámicas máis amplas de Galicia: Cara u oeste podese apreciar a Vía da Prata e o Camiño de Inverno ó pé do monte. Cara ó norte distinguese o Concello de Ordes e os cumes da serra de Montemaior no horizonte. E cara o este e o sur, contemplase o fermoso Val do Ulla atravesado polo río.📷 #xeodestinoTerrasdeSantiago

11/8/2023, 10:00:41 PM

Continuamos mostrándovos o ben que o pasamos co programa de experiencias "Terras de Santiago: Máis alá de Compostela"... Na segunda fin de semana de Setembro achegámonos ó CONCELLO DE PADRÓN para empaparnos coa Cultura do Ulla: descenso das augas bravas e visita ao Convento de Herbón. Percorremos o río Ulla, un dos cauces máis emblemáticos para vivir unha tremenda aventura, xa que os ríos do interior de Galicia son perfectos para practicar esta actividade deportiva. 🚣‍♀️ Entre risas, diversión, un pouco de medo e sobresaltos, surcamos o tramo dende Carcacía ata Herbón(Padrón), un percorrido que atravesa bosques frondosos de ribeira con robles, alisos ou sauces. 🌳🪵🍁🥾 Realizamos logo unha visita guiada ó conveto de Herbón, fundado en 1396, e que pasou por diferentes etapas: dende colexio de misioneiros e posteriormente atacado polas tropas francesas.⛪️ Xornada divertida, con interesantes pinceladas de natureza e cultura. #XeodestinoTerrasdeSantiago

11/7/2023, 9:00:30 PM

Non queremos rematar este marabilloso Programa de Experiencias 2023: "Terras de Santiago, Máis alá de Compostela" sin mostrarvos unha pincelada do que gozamos nas diferentes rutas realizadas. Así que estade atentxs nos vindeiros días‼ Comezamos a principios de Setembro percorrendo o Bosque Atlántico do Rego do Andoriña, no @Concello de Ames 🥾🍁🌳🪵 Ruta máxica que parte e finaliza na fermosa Praia fluvial de Tapia. Seguindo o curso do río Tambre, adentrámonos nunha paisaxe encantadora chea de tesouros naturais e culturais. O camiño levounos ata a impresionante Ermida de Nosa Señora da Madalena, a Fonte Santa Milagrosa e un cruceiro sagrado. Seguindo o antiguo "caneiro" chegamos ás ribeiras do Rego do Andoriña, onde atopamos antiguos muiños que ocultan historias de antaño. Sin dúbida, unha experiencia para repetir! #xeodestinoTerrasdeSantiago

11/2/2023, 6:00:54 PM

🔎 𝐃𝐞𝐬𝐜𝐮𝐛𝐫𝐞 𝐓𝐞𝐫𝐫𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐂𝐨𝐦𝐩𝐨𝐬𝐭𝐞𝐥𝐚 Unha ruta pola 📍 𝐂𝐚𝐜𝐡𝐨𝐩𝐢𝐧̃𝐚 𝐚𝐭𝐚 𝐚 𝐂𝐚𝐬𝐭𝐢𝐧̃𝐞𝐢𝐫𝐚, pasando polo 𝐂𝐚𝐬𝐭𝐫𝐨, 𝐒𝐞𝐧̃𝐨𝐫, baixando ademais pola 𝐛𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐝𝐨 𝐫𝐞𝐠𝐨 𝐅𝐚𝐢́𝐥𝐝𝐞 desfrutando dos seus 𝐦𝐮𝐢́𝐧̃𝐨𝐬 𝐞 𝐟𝐞𝐫𝐯𝐞𝐧𝐳𝐚𝐬 𝐚𝐭𝐚 𝐕𝐢𝐥𝐚𝐫𝐢𝐧̃𝐨 foi a ruta que ofreceu este 🗓 𝐬𝐚́𝐛𝐚𝐝𝐨 𝟑𝟎 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐭𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨 o @gdr_terras_compostela para coñecer 𝐀 𝐁𝐚𝐧̃𝐚. As persoas que participaron gozaron desta 🗾𝐫𝐮𝐭𝐚 𝐠𝐮𝐢𝐚𝐝𝐚 𝐩𝐨𝐥𝐚 𝐫𝐢𝐛𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐝𝐨 𝐓𝐚𝐦𝐛𝐫𝐞 cun itinerario de 9 quilómetros onde quedou patente a beleza da contorna. Esta actividade forma parte da 📋𝐨𝐧𝐜𝐞 𝐞𝐱𝐩𝐞𝐫𝐢𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚𝐬 coas que o 𝐆𝐃𝐑 𝐓𝐞𝐫𝐫𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐂𝐨𝐦𝐩𝐨𝐬𝐭𝐞𝐥𝐚 está a dar a coñecer o 🏛 𝐩𝐚𝐭𝐫𝐢𝐦𝐨𝐧𝐢𝐨 𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚𝐥 𝐞 𝐧𝐚𝐭𝐮𝐫𝐚𝐥 𝐝𝐨𝐬 𝐜𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨𝐬 que, xunto ao da Baña, forman o 𝐱𝐞𝐨𝐝𝐞𝐬𝐭𝐢𝐧𝐨 𝐓𝐞𝐫𝐫𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐢𝐚𝐠𝐨. A experiencia incluíu tamén unha 🫓 𝐝𝐞𝐠𝐮𝐬𝐭𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 do tesouro máis prezado do municipio, polo que o Concello agradece á 𝐀𝐬𝐨𝐜𝐢𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐅𝐢𝐥𝐥𝐨𝐚𝐬 𝐝𝐚 𝐏𝐞𝐝𝐫𝐚 𝐝𝐚 𝐁𝐚𝐧̃𝐚 a súa colaboración. #xeodestinoterrasdesantiago #turismo #ConcelloDaBaña

10/2/2023, 11:00:55 AM

🔎 𝐃𝐞𝐬𝐜𝐮𝐛𝐫𝐞 𝐓𝐞𝐫𝐫𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐢𝐚𝐠𝐨 Unha 👟 𝐫𝐮𝐭𝐚 𝐩𝐨𝐥𝐚 𝐩𝐞𝐠𝐚𝐝𝐚 𝐝𝐨 𝐑𝐨𝐦𝐚́𝐧𝐢𝐜𝐨 𝐞𝐧 𝐍𝐞𝐠𝐫𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐪𝐮𝐞 𝐜𝐨𝐥𝐠𝐨𝐮 𝐨 𝐜𝐚𝐫𝐭𝐞𝐥 𝐝𝐞 𝐜𝐨𝐦𝐩𝐥𝐞𝐭𝐨 e que visitou, entre outros lugares, a igrexa de Gonte e A Ponte Maceira, foi a proposta que ofrecemos este 📆 pasado 𝐝𝐨𝐦𝐢𝐧𝐠𝐨 𝟐𝟰 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐭𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨, o @gdr_terras_compostela en colaboración co @concellodenegreira_oficial. A ruta forma parte das once experiencias coas que 𝐨 𝐆𝐃𝐑 𝐓𝐞𝐫𝐫𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐂𝐨𝐦𝐩𝐨𝐬𝐭𝐞𝐥𝐚 𝐞𝐬𝐭𝐚́ 𝐚 𝐝𝐚𝐫 𝐚 𝐜𝐨𝐧̃𝐞𝐜𝐞𝐫 𝐨 𝐩𝐚𝐭𝐫𝐢𝐦𝐨𝐧𝐢𝐨 𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚𝐥 𝐞 🌿 𝐧𝐚𝐭𝐮𝐫𝐚𝐥 𝐝𝐨𝐬 𝐜𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨𝐬 𝐪𝐮𝐞, 𝐱𝐮𝐧𝐭𝐨 𝐚 𝐍𝐞𝐠𝐫𝐞𝐢𝐫𝐚, 𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐧 𝐨 𝐱𝐞𝐨𝐝𝐞𝐬𝐭𝐢𝐧𝐨 𝐓𝐞𝐫𝐫𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐢𝐚𝐠𝐨. Agradecer a colaboración do sendeirista Manuel Figueira ❤️, que fixo de anfitrión caracterizado para a ocasión 🧙 #XeodestinoTerrasdeSantiago #descubrenegreira #romanico #negreira

9/27/2023, 5:25:01 PM

Explora Terras de Santiago: Máis alá de Compostela!✨📍 Se es amante da natureza, das aventuras, da cultura e do patrimonio, este é o teu momento, non te perdas as experiencias de Terras de Santiago e percorre os seus sendeiros, coñece a súa xente e o seu patrimonio.😊 Descubre cada recuncho de Terras de Santiago coas actividades deste mes de setembro: 🥾"Polo bosque atlántico do Rego da Andoriña"- 2 de setembro 🥾̶"̶A̶ ̶c̶u̶ ̶l̶ tu̶r̶a̶ ̶d̶ ̶o ̶U̶ ̶̶lla̶:̶ ̶d̶ e̶s̶c̶e̶n̶s̶ ̶o ̶d̶ á̶s̶ ̶a̶u̶g̶a̶s̶ ̶b̶r̶a̶v̶a̶s̶ ̶e̶ ̶v̶i̶s̶i̶ ̶ta̶ ̶a̶ ̶o ̶C̶ ̶on̶v̶e̶n̶ ̶t̶o ̶d̶ e̶ ̶̶He̶r̶b̶ó̶n̶"̶- 9 de setembro. Prazas esgotadas. 🥾"O lexendario Pico Sacro"- 16 de setembro 🥾"Entre castros e pazos - Castro Lupario e Pazo Faramello"- 23 de setembro 🥾"Ruta do Románico teatralizada de Negreira"- 24 de setembro 🥾"Descubrindo os tesouros da Baña"- 30 de setembro A actividade "A cultura do Ulla: descenso dás augas bravas e visita ao Convento de Herbón" está completa, pero podes apuntarte á lista de agarda enviándonos un correo📩[email protected] Vive unha experiencia única, reserva xa e non te quedes sen praza!🔗 https://cutt.ly/Mws663qT #gdrterrasdecompostela #xeodestinoterrasdesantiago #destinoterrasdecompostela #turismofluvial @concellodeames @concellodepadron @concellodevedraoficial @santa_comba_info @concellodeboqueixon @teo_concello @concellodabana @concellodenegreira_oficial @concelloderois

8/11/2023, 4:00:10 PM

Descubre Terras de Santiago: Máis alá de Compostela!✨📍 Promovido por Terras de Compostela co apoio da Xunta de Galicia e Turismo de Galicia, Terras de Santiago: Máis Alá de Compostela ofrece diferentes experiencias que te levarán a mergullarte nas Terras de Santiago e a explorar o territorio e os seus impresionantes sendeiros, coñecer a súa xente e o seu valioso patrimonio. 😊 O programa está composto por 11 experiencias preparadas para que explores a fondo todo o que Terras de Santiago nos ofrece: 🥾"Polo bosque atlántico do Rego da Andoriña"- 2 de setembro 🥾"A cultura do Ulla: descenso das augas bravas e visita ao Convento de Herbón"- 9 de setembro 🥾"O lexendario Pico Sacro"- 16 de setembro 🥾"Entre castros e pazos - Castro Lupario e Pazo Faramello"- 23 de setembro 🥾"Ruta do Románico teatralizada de Negreira"- 24 de setembro 🥾"Descubrindo os tesouros da Baña"- 30 de setembro 🥾"AgroRuta do Xallas"- 1 de outubro 🥾"Per Caminho de Lampai"- 7 de outubro 🥾"Ruta da Lamprea ás beiras do Tambre"- 8 de outubro 🥾"Os produtos do Ulla - Estación Ictiolóxica de Vedra e Adega Lixeles"- 14 de outubro 🥾"Camiñando ata a Fervenza do Rexedoiro"- 15 de outubro Non perdas esta oportunidade de vivir experiencias inesquecibles en Terras de Santiago.🌿🚶‍♂️🔗 Reservas 👇 https://cutt.ly/Mws663qT #gdrterrasdecompostela #xeodestinoterrasdesantiago #destinoterrasdecompostela #turismofluvial @concellodeames @concellodepadron @concellodevedraoficial @santa_comba_info @concello de boqueixón @teo_concello @concellodabana @concellodenegreira_oficial @concelloderois

8/4/2023, 4:00:06 PM

Terras de Santiago: Máis alá de Compostela ✨📍 Temos o pracer de presentarvos este programa de experiencias que te convida a mergullarte nas📍 Terras de Santiago e coñecer os seus sendeiros, a súa xente e seu patrimonio. ‼️Non o podes perder‼️ 😊 O programa conta con 10 incribles actividades guiadas para que explores os sendeiros, a cultura e o patrimonio de📍Terras de Santiago 🥾 2 de set: "Polo bosque atlántico do Rego do Andoriña" 🥾 9 de set: "A cultura do Ulla: descenso das augas bravas e visita ao Convento de Herbón" 🥾 16 de set: "O lexendario Pico Sacro" 🥾 23 de set: "Entre castros e pazos - Castro Lupario e Pazo Faramello" 🥾 30 de set: "Descubrindo os tesouros da Baña" 🥾 1 de out: "AgroRuta do Xallas" 🥾 7 de out: "Per Caminho de Lampai" 🥾 8 de out: "Roteiro da Lamprea ás beiras do Tambre" 🥾 14 de out: "Os produtos do Ulla - Estación Ictiolóxica de Vedra e Adega Lixeles" 🥾 15 de out: "Camiñando ata a Fervenza do Rexedoiro" Presta atención ás nosas redes porque en nada vos contaremos máis! #GDRTerrasDeCompostela #XeodestinoTerrasdeSantiago #DestinoTerrasDeCompostela #turismofluvial @concellodeames @concellodepadron @concellodevedraoficial @santa_comba_info @concello de Boqueixón @teo_concello @concellodabana @concello

7/21/2023, 3:00:05 PM

TERRAS DE COMPOSTELA_DESTINO FLUVIAL Acompañádesnos a percorrer a Ruta das Penicias,📍no @Concello de Rois ⁉Imos aló 🚶🚶🚶 ℹ️Trátase de unha ruta circular que comeza na Igrexa de San Mamede. A lonxitude é de 8.5 km pero pódese facer só a metade, e trátase de un percorrido moi fácil para tódalas idades. Percorre as parroquias de Rois e Buxán, e pasa polas aldeas de Rois, Infesta, a Casa do Porto e Buxán. 🏞Prados, muiños, hórreos e cruceiros, son os principais atractivos desta ruta. Máis info 👇 https://terrasdecompostela.org/recursos/ruta-das-penicias/ Fotografías: @Concello de Rois #gdrterrasdecompostela #xeodestinoTerrasdeSantiago #turismofluvial

6/20/2023, 7:00:13 PM

TERRAS DE COMPOSTELA_DESTINO FLUVIAL Coñecedes o Pazo de Santa Cruz de Rivadulla, no 📍Concello de Vedra⁉️ ℹ️Aínda que a día de hoxe é dunha propiedade privada pódese acceder para visitar os xardíns. 📜Museo inaugurado no ano 2012, está na antiga Casa Do Pozo ( Casa señorial do século XIX da familia Santiso), rehabilitada como espazo etnográfico, para acoller numerosos obxectos e obras de arte (moitos deles achegas da veciñanza).  Ademais alberga unha exposición de fotografías antigas, que contan a historia de Santa Comba durante o século XX. 📜Na sua sala de patrimonio pódense ver pezas prehistóricas de ata 4000 anos,pasando por lápidas romanas e escultural medievais, como mostra  da vida nas terras do Xallas ao longo da Historia. Toda a info de visitas e horarios👇 https://terrasdecompostela.org/recursos/pazo-rivadulla/ #GDRTerrasDeCompostela #xeodestinoterrasdesantiago #experiencias

6/14/2023, 10:35:08 PM

TERRAS DE COMPOSTELA_DESTINO FLUVIAL Sube a bordo, rema e sente o poder do río‼️ 📣 Se queres facer rafting na Coruña, o Río Ulla é un dos leitos máis emblemáticos para vivir esta aventura. Os ríos do interior de Galicia son perfectos para practicar esta actividade deportiva. Ven facer rafting e descender o Río Ulla situado a só media hora de Santiago de Compostela. ℹ️ Podes vir con amigos ou coa túa familia. Auga e adrenalina! Imaxínate nunha gran balsa río abaixo, entre correntes e rápidos, remando co teu equipo para evitar rocas, illotes e saltos de auga ata chegar a un remanso de augas tranquilas onde podes gozar da natureza de Galicia. Emocións refrescantes‼️ Toda a ℹ️👇 https://terrasdecompostela.org/recursos/rafting-rio-ulla-padron/ #GDRTerrasDeCompostela #XeodestinoTerrasdeSantiago #turismofluvial #experiencias

6/4/2023, 9:16:04 PM

TERRAS DE COMPOSTELA_DESTINO FLUVIAL   📣 Estamos na época perfecta para facer rutas, e a que vos ensinamos hoxe podedes percorrela tanto a pé como en bicicleta‼️ ℹ️A Ruta do Rego dos Pasos é unha senda que discorre pola marxe esquerda do rego dos Pasos, no Concello de Ames, entre Bertamiráns e a aldea de Pousada. Durante o seu percorrido atopamos moitos carballo e moitas árbores frondosas que fan dela unha ruta moi fresca, ideal para o verán. 🌳 Trátase dunha senda moi cha e facilmente practicable e que permite pasar do entorno urbano ao natural nun par de minutos, facilitando deste xeito o coñecemento do medio e da flora e fauna dos regatos.🐌🐟🐞🦋 #GDRTerrasDeCompostela #XeodestinoTerrasdeSantiago #DestinoTerrasDeCompostela #SICTED #OruralviveViveORural #natureza #patrimomio #turismofluvial

5/24/2023, 9:55:25 PM

TERRAS DE COMPOSTELA_DESTINO FLUVIAL Xa facía moito tempo que non vos levábamos de ruta fluvial… Que tal se nos achegamos ó 📍 Concello de Teo ⁉️ ℹ A ruta á que vos convidamos hoxe une a Senda Natural do Rego de Sestelo coa ponte colgante da Mariola no Couto de Pesca de Couso / Xirimbao no Río Ulla. Un paseo fermoso e repleto de historia! 📜Comezamos no recentemente recuperado Camiño Xacobeo e dos Arrieiros (que une Braga coa capital compostelá) para finalizar na vila de Pontevea (vieiro histórico empregado dende o Medievo polos peregrinos e posteriormente polos arrieiros para transportar o viño do Ribeiro ata Compostela e ás Rías Baixas). 🌳🏞🚶Dende a Ponte de Pontevea, icona do concello e Ben de Interese Cultural, camiñamos polas sendas de pescadores atravesando antigas carballeiras e bosques de ribeira, contemplando as insuas do Ulla e os derradeiros vestixios das pesqueiras da parroquia de Reis para rematar na ponte colgante da Mariola, que segue a cativar a miles de visitantes que se achegan á ribeira deste val “deleitoso” como o nomeaba a poeta Avelina Valladares. #GDRTerrasDeCompostela #XeodestinoTerrasdeSantiago #DestinoTerrasDeCompostela #SICTED #OruralviveViveORural #natureza #patrimomio #turismofluvial

5/17/2023, 10:00:13 PM

TERRAS DE COMPOSTELA_DESTINO FLUVIAL 📣Velaquí o último roteiro interpretado para escolares‼️ ℹ️ Desta volta achegámonos ó Concello de Negreira para percorrer a Ruta dos Tres Pazos. Ademáis de ver o muiño dos Castros e o río Barcala, haberá visita ó Pazo de Cotón que inclúe búsqueda do tesouro ‼️. 📣Coles de Negreira e arredores, unha actividade ideal para o remate de curso‼️ Máis info 👇 https://terrasdecompostela.org/destino-fluvial/roteiros-para-escolares/ #GDRTerrasDeCompostela #xeodestinoterrasdesantiago #destinoterrasdecompostela #roteirosparaescolares

5/10/2023, 9:38:21 PM

TERRAS DE COMPOSTELA_DESTINO FLUVIAL 📣 Unha nova ruta para os colexios de infantil e primaria, en esta ocasiòn para os que se 📍 ubiquen no Val do Dubra ou arredores‼️ ℹA ruta das Carballeiras do Val Do Dubra dá comezo e remata na área recreativa de Bembibre, lugar ideal para concluir este paseo con unha merenda. Atravesa as fermosas carballeiras do río Dubra. Sendeirismo e historia (bosque autóctono, ermidas, fontes e muiños...), e xogos para facer maís ameno o paseo ( xogos populares, deseño de camisetas...). Sen dúbida un xeito idóneo para rematar o curso‼️ Máis info 👇 https://terrasdecompostela.org/destino-fluvial/roteiros-para-escolares/ #GDRTerrasDeCompostela #XeodestinoTerrasdeSantiago #DestinoTerrasDeCompostela #turismofluvial #cultura #natureza #roteiros

5/3/2023, 10:00:14 PM

No GDR Terras de Compostela consideramos a formación como algo fundamental para o noso traballo e o dos nosos axentes e que, ademais, ten que ser continua para mellorar cada día. Pero, á súa vez, tamén pode ser divertida e deslocalizada 😆😎 Para coñecer de primeira man como se organiza unha ruta turística sostible, estivemos de visita o pasado martes no destino Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo no marco da súa Ruta Agroalimentaria, para coñecer de primeira man que tipo de empresas participan e como funcionan. Aquí deixamos unha mostra fotográfica dese día! 👇 #terrasdecompostela #formacionSICTED #GDRTerrasDeCompostela #xeodestinoterrasdesantiago #destinoterrasdecompostela

4/28/2023, 2:18:50 PM

TERRAS DE COMPOSTELA_DESTINO FLUVIAL 📣Para tódolos coles de infantil e primaria‼️ ℹ️Roteiros interpretados para escolares: natureza, cultura, sendeirismo, literatura... Un plan perfecto para este remate de curso. Hoxe presentámosvos a Ruta polas Ribeiras do Sar, que parte do Rego dos Pasos en Bertamiráns e percorre parte do Concello de Brión: Muíños, Rosalía de Castro, e ata un Scape Room‼️ Pero hai máis... toda a info 👇 https://terrasdecompostela.org/destino-fluvial/roteiros-para-escolares/ #GDRTerrasDeCompostela #xeodestinoterrasdesantiago #destinoterrasdecompostela #turismofluvial #cultura

4/23/2023, 9:37:41 PM

TERRAS DE COMPOSTELA_DESTINO FLUVIAL 🗣"Entre estas paredes de pedra [...], faise realidade o meu soño de devolverlle á terra galega todo canto me deu e que é fidedigna mostra, o inequívoco sinal de que vivín". 📜 Camilo José Cela referíase con esas verbas ó museo que leva o seu nome, un lugar máxico que lle permite ao visitante descubrir unha época convulsa na historia de España, como foi a segunda metade do século XX, a través dun dos seus máximos exponentes culturais. ‼️Visita obrigada si visitas estas terras e queres empaparte de cultura e historia Toda a info 👇 https://terrasdecompostela.org/recursos/fundacion-camilo-jose-cela/ #GDRTerrasDeCompostela #xeodestinoterrasdesantiago #destinoterrasdecompostela #turismofluvial #cultura

4/12/2023, 9:59:07 PM

TERRAS DE COMPOSTELA_DESTINO FLUVIAL Xa miraches as condicións metereolóxicas para esta Semana Santa en Galicia⁉🌞🌞🌞 Elixiches vir pasar estos días a estas terras 🧳…. ou eres de aquí e decidiches que este ano toca disfrutar da terriña🎒⁉ ℹPois temos plans para ti!!! Animate a percorrer algún dos sendeiros fluviais arredor dos ríos Tambre, Ulla ou Xallas, e tódolos seus afluentes… 🚶Poderás empaparte ademáis de patrimonio cultural e historia, coñecendo os muiños ou as pesqueiras📜📸… Toda a info na nosa Guía👇 https://terrasdecompostela.org/destino-fluvial/guias-turisticas/ #concellodeabaña #concellodeames #concellodeboqueixon #concellodebrion #concellodenegreira_oficial #concellodepadron #concelloderois #concellodesantacomba #concellodeteo #concellodevaldodubra #concellodevedraº #turismofluvial #GDRTerrasDeCompostela #XeodestinoTerrasdeSantiago #DestinoTerrasDeCompostela #natureza #patrimomio #turismofluvial @concellodabana @descubre.negreira @padronturismo @teo_concello @santa_comba_info @concellodevedraoficial @concellodepadron

4/5/2023, 9:00:09 PM

TERRAS DE COMPOSTELA_DESTINO FLUVIAL ℹ️Atopámonos en unha das mellores épocas do ano para visitar as fervenzas do noso Territorio: tempo primaveral para acompañar as visitas con unha ruta de sendeirismo 🌈🚶, e caudal suficiente para gozar delas📸… Na nosa guía turísticas podes consultar toda a información necesaria 👇 https://terrasdecompostela.org/destino-fluvial/guias-turisticas/ Cal elixes❓ #concellodeabaña #concellodeames #concellodeboqueixon #concellodebrion #concellodenegreira #concellodepadron #concelloderois #concellodesantacomba #concellodeteo #concellodevaldodubra #concellodevedra #turismofluvial #GDRTerrasDeCompostela #XeodestinoTerrasdeSantiago #DestinoTerrasDeCompostela #natureza #patrimomio #turismofluvial

4/2/2023, 10:00:07 PM

TERRAS DE COMPOSTELA_DESTINO FLUVIAL Se aínda non pensaches qué facer esta Semana Santa, achégate ó noso territorio⁉️ Fervenzas, sendeiros fluviais, cultura fluvial, pesca, patrimonio cultural, actividades, gastronomía…. 🐟🚣‍♀️🏞 Todo o necesario para gozar de uns merecidos días de descanso!!🧘‍♀️ Consulta a nosa guía turística, seguro que se che ocorren mil e unha cousas que facer nas Terras de Compostela… Agardámosche!!! 👇 https://terrasdecompostela.org/destino-fluvial/guias-turisticas/ #concellodeabaña #concellodeames #concellodeboqueixon #concellodebrion #concellodenegreira #concellodepadron #concelloderois #concellodesantacomba #concellodeteo #concellodevaldodubra #concellodevedra #turismofluvial #GDRTerrasDeCompostela #XeodestinoTerrasdeSantiago #DestinoTerrasDeCompostela #natureza #patrimomio #turismofluvial

3/29/2023, 10:00:09 PM

🏨 𝗫𝘂𝗻𝘁𝗮𝗻𝘇𝗮 𝘁𝗲́𝗰𝗻𝗶𝗰𝗮 𝗻𝗼 𝗮́𝗺𝗯𝗶𝘁𝗼 𝗱𝗼 𝘁𝘂𝗿𝗶𝘀𝗺𝗼 A Asociación GDR Terras de Compostela programou unha xuntanza técnica de traballo no ámbito do turismo, celebrada hoxe en 𝗡𝗲𝗴𝗿𝗲𝗶𝗿𝗮 🍃 con motivo de asentar bases e escoitar suxerencias no eido do Turismo, e á que foi convidado o persoal técnico e concelleir@s que forman parte do 𝗫𝗲𝗼𝗱𝗲𝘀𝘁𝗶𝗻𝗼 𝗧𝗲𝗿𝗿𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝗻𝘁𝗶𝗮𝗴𝗼 💙💚 Os puntos tratados foron os seguintes: 1.- Análise das accións presentadas á 𝗔𝘅𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮 𝗧𝘂𝗿𝗶𝘀𝗺𝗼 𝗱𝗲 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮 para a sinatura co convenio do Xeodetino 2023. 2.- Proposta de mellora da comunicación e creacion de sinerxias entre o persoal tecnico de Turismo do destino e o GDR Asociación Terras de Compostela. #terrasdecompostela #XeodestinoTerrasdeSantiago #turismofluvial #GDRTerrasDeCompostela #negreira #descubrenegreira #patrimonio

3/13/2023, 7:30:08 PM

Monasterio de Santa María #SobradoDosMonxes . Así de bonita ha quedado la impresionante fachada barroca del Monasterio que se encuentra a día de hoy en plena restauración. Fundado en el año 952 por el Conde de Présaras Hermenegildo, actualmente combina la vida espiritual de los monjes benedictinos con la vida civil de las personas que se alojan en su hospederia en pleno #CaminoDeSantiago . Merece la pena una visita al interior donde, además de la iglesia barroca del siglo XVII, se conservan tres claustros construidos entre los siglos XVI y XVII, así como la sala capitular de estilo románico. Incluido en la Ruta Turística del Tambre @gdrullatambre #ACoruña #Galicia #visitaGalicia #spain #visitspain #XeodestinoTerrasDeSantiago

10/23/2019, 3:02:54 PM

Hoxe o @gdrullatambre presentou en Arzúa as Guías Turísticas do Ulla e do Tambre e o recetario Manxares da chef Lucía Freitas de @atafonarestaurante coincidindo co día da feira, un dos atractivos do noso rural e da cultura galega. A degustación gastronómica de @otobodolobo riquiiiísima! As fotografías son de @antonautasnaiagosfera, graciñas por vir hoxe e retratar a xornada! 😊 #Arzúa #OteuXacobeo #Xacobeo2021 #CamiñodeSantiago #CaminodeSantiago #CaminoPrimitivo #AGastronomíaGalegafaiCamiño #Jakobsweg #pilgrim #desenvolvementorural #gastronomía #travel #food #Spain #igers #visitaGalicia #EligeGalicia #UllaTambreMandeo #CaminoFrancés #XeodestinoTerrasdeSantiago #Galicia #gastronomíagalega #patrimonio #cultura #rutadoUlla #rutadoTambre #Camiñosconarte

10/23/2019, 12:01:46 AM

Comer en el #CaminoPrimitivo -Crocante de queixo de Arzúa_Ulloa, mel e mostaza. -Guiso de Shiitakes con fabas e brotes de allo -Raviolis de porco criado en liberdade na súa salsa e acelga frita. -Cremoso de queixo Arzúa_Ulloa , xel de orujo e melindre. ******************************* -Crocanti de queso de Arzúa-Ulloa, miel y mostaza -Guiso de Shiitakes con habas y brotes de ajo -Raviolis de cerdo criado en libertad en su salsa y acelga frita. -Cremoso de queso Arzúa-Ulloa, gel de orujo y melindre. Todos estos manjares preparados por @otobodolobo , alojamiento y restaurante en Melide , paso del #CaminoPrimitivo #Melide @ArzuaUlloaDOP @GDRUllaTambreMa #OTeuXacobeo #XeodestinoTerrasdeSantiago #CaminodeSantiago Manjares gallegos!! @arzuaulloadop @concellodearzua @gdrullatambre #OTeuXacobeo #XeodestinoTerrasdeSantiago #CaminodeSantiago #OTobodoLobo #Melide

10/22/2019, 6:07:16 PM

Comer en el #CaminoPrimitivo -Crocante de queixo de Arzúa_Ulloa, mel e mostaza. -Guiso de Shiitakes con fabas e brotes de allo -Raviolis de porco criado en liberdade na súa salsa e acelga frita. -Cremoso de queixo Arzúa_Ulloa , xel de orujo e melindre. ******************************* -Crocanti de queso de Arzúa-Ulloa, miel y mostaza -Guiso de Shiitakes con habas y brotes de ajo -Raviolis de cerdo criado en libertad en su salsa y acelga frita. -Cremoso de queso Arzúa-Ulloa, gel de orujo y melindre. #OToboDoLobo #Melide #CaminoPrimitivo @ArzuaUlloaDOP @GDRUllaTambreMa #OTeuXacobeo #XeodestinoTerrasdeSantiago #CaminodeSantiago Manjares gallegos!! https://t.co/MQv1Nz1caf @arzuaulloadop @concellodearzua @gdrullatambre #OTeuXacobeo #XeodestinoTerrasdeSantiago #CaminodeSantiago #OTobodoLobo #Melide @otobodolobo

10/22/2019, 6:05:55 PM

Hoxe fomos invitadas á presentación en Arzúa das novas Guías Turísticas do GDR Ulla Tambre Mandeo e o recetario Manxares de Lucía Freitas 👩‍🍳 . Faremos tamén unha ruta en microbús 🚌 polo patrimonio cultural e natural do territorio do GDR e remataremos cunha degustación. . Aquí tedes algunhas das fotos do noso percorrido por Melide. Esperamos que vos guste tanto como a nós 😊 . . #GDRTerrasdeCompostela #SlowFoodCompostela #SlowFood #SlowFoodGalicia #xeodestinoterrasdesantiago #Galicia #Galiza

10/22/2019, 11:37:15 AM

Hoy descubriremos parte de la riqueza natural y cultural del territorio del Ulla Tambre Mandeo y degustaremos la gastronomía local en Arzúa, en pleno #CaminodeSantiago #OTeuXacobeo #Xacobeo2021 via #CamiñosConArte #CaminoFrancés #CaminodelNorte #XeodestinoTerrasDeSantiago #Arzúa

10/22/2019, 7:34:57 AM

Hoy descubriremos parte de la riqueza natural y cultural del territorio del Ulla Tambre Mandeo y degustaremos la gastronomía local en Arzúa, en pleno #CaminodeSantiago #OTeuXacobeo #Xacobeo2021 via #CamiñosConArte #CaminoFrancés #CaminodelNorte #XeodestinoTerrasDeSantiago #Arzúa

10/22/2019, 7:33:07 AM

Mañá imos de ruta polo territorio do @gdrullatambre. Con ganas de desfrutar da súa natureza e saborear a gastronomía na feira de Arzúa, unión do Camiño Francés e o Camiño do Norte Vídeo Turístico GDR Ulla Tambre Mandeo 👇🏻 https://www.youtube.com/watch?v=9uUAuTcukds&t=304s #OteuXacobeo #desenvolvementorural #Xacobeo2021 #CaminodeSantiago #Arzúa #Galicia #queixodeArzúaUlloa #gastronomía #natureza #travel #nature #Spain #igers #pilgern #Jakobsweg #thewayofsaintjames #pilgrimage #tradición #cultura #visitaGalicia #historiadeGalicia #EligeGalicia #RutadoUlla #RutadoTambre #UllaTambreMandeo #río #paisajerural #XeodestinoTerrasdeSantiago #CamiñosconArte

10/21/2019, 9:39:02 PM